fbpx
Torre de Meira / Árbore Arqueolóxica

Estes son os novos achados na Torre de Meira

Tempo de lectura: < 1 min.

A segunda fase de das excavacións que se están a levar a cabo na Torre de Meira en Moaña están a deixar claros indicios de ser habitada permanentemente. Os expertos descartan practicamente a teoría inicial de que se tratase dunha torre de vixilancia.

Ao pouco de iniciar esta fase de excavacións e posta en valor, detectárase un peche perimetral dunha estrutura teitada dentro do patio de armas, como describe Faro de Vigo. Os principios indicios dos arqueólogos indicaban que se atopaban ante unha cabalería, mais os últimos achados dun arco e dunha dovela descartan esta hipótese.

Ademais, apareceu unha cerámica de alta calidade datada do século XV e de orixe valenciá. É de tipo “flor de hedra”. Este é un dos escasísimos anacos que se poden atopar no noroeste español. Este elemento xunto ao arco e á dovela desvelan que había un uso permanente da torre. Máis información en Faro de Vigo.

Pode que che interese...