fbpx

Villa Flora, o histórico hotel que o Concello de Mondariz-Balneario desatende

Tempo de lectura: < 1 min.

Dende o 1923 ata o 2004, o hotel Villa Flora foi o aloxamento de moitos visitantes que se achegaban ao concello termal Mondariz-Balneario. Porén, o estado actual da edificación preocupa a veciños e asociacións, que temen que se derrube.

Ante a situación do emblemático edificio o Defensor do Pobo, Ángel Gabilondo, pediu ao Concello que levase a cabo a inspección das condicións de seguridade, salubridade e ornamento correspondentes. A Asociación Fonte de Troncoso pedira unha intervención para protexer e conservar o hotel Villa Flora, sen recibir actuación por parte do Concello.

Agora o Defensor do Pobo lembrou ao Concello que o 3 de febreiro de 2021 levara a cabo os primeiros trámites do expediente de orde de execución das intervencións, máis non se dictou ningunha resolución dende aquela.

Pola súa banda, a Asociación Fonte de Troncoso indica a importancia que ten o patrimonio histórico para o Concello, así como lembra que o edificio está incluído no catálogo de bens culturais de Galicia e no de ordenación do Medio Rural do Concello de Mondariz-Balneario. Ademais, entre a documentación que dispón dita asociación, atópase a relativa á estancia de Primo de Rivera no hotel, no 1929. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...