fbpx

Por que as Igrexas do Camiño miran ao sol nos equinocios?

Tempo de lectura: 2 min.

A saída do sol o domingo de Pascua revélase como un importante elemento na construción e orientación das igrexas románica do camiño de Santiago. Isto demostra a relación que tiñan as sociedades medievais co simbolismo temporal. Así o expón un estudo levado a cabo pola investigadora do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), Maitane Urrutia-Aparicio, que acaba de ser publicado na revista Sustainability.

O estudo analizou máis de 200 igrexas románicas do Camiño Francés ao seu paso polos antigos reinos cristiáns de Aragón, Navarra, Castela e León.  O obxectivo de dito estudo era investigar os aspectos técnicos da construción das igrexas da Ruta Xacobea, para entender o Camiño de Santiago como un canal de comunicación e propagación de ideas. A través do estudo, demostraron que todas as construcións relixiosas analizadas seguían o mesmo patrón de orientación cara o nordeste, o que sinala ao ceo “como un referente claro” á hora de orientar as igrexas, como explica Urrutia.

No estudo tamén analizouse a declinación, unha magnitude astronómica para coñecer a relación entre a orientación das igrexas e o calendario. Tendo isto en conta, sinalaron os equinoccios e o domingo de Pascua como as aliñacións máis perseguidas á hora de construír as igrexas. Así, con este estudo, engaden “valor ao papel que desempeña a arquitectura eclesiástica medieval no ceo, e en particular o Sol, algo ignorado ata o momento”, como indica un dos coautores do estudo e investigador do Incipit (CSIC), César González-García.

Porén, entre as igrexas estudadas, obsérvanse diferenzas segundo o territorio e as entidades políticas e relixiosas que interviñeron na época. Así, en León predomina a aliñación das igrexas coa saída do sol no equinoccio eclesiástico, o 21 de marzo, e en Castela é máis común a orientación cara o Domingo de Pascua. Pola súa banda, en Navarra as igrexas oriéntanse na súa maioría cara o equinoccio astronómico e en Aragón, á diferenza doutros sitios, presenta aliñacións cara a saída e posta do Sol no domingo de Pascua. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...