fbpx
Pórtico da Gloria
Peza dixitalizada do Pórtico da Gloria tocando un instrumento / Fundación Catedral de Santiago

Sabes como soaban os instrumentos do Pórtico do Mestre Mateo?

Tempo de lectura: 2 min.

A Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC, en colaboración co grupo de investigación Organistrum presenta Os sons da Pedra. O ronsel do Mestre Mateo”. Trátase dun simposio, unha exposición e un ciclo de concertos reunirá a investigadores, instrumentistas e luthieres para coñecer os instrumentos do Pórtico da Gloria dende o xoves 28 de abril ata o 30 de abril.

Este ciclo enmárcase dentro dunha serie de actividades académicas e culturais que xiran arredor dos instrumentos esculpidos polo Mestre Mateo no Pórtico da Gloria. O programa está vinculado cos traballos de construción en madeira dos instrumentos do Pórtico, que se levaron a cabo entre 1990 e 1993, por parte dos profesores José López Calo e Carlos Villanueva. Este proxecto de investigación contou co apoio da Fundación Barrié, e levou a reproducir 19 dos instrumentos esculpido en pedra, para facelos soar nun concerto, que tivo lugar na Pórtico da Gloria en 1991.

A primeira actividade será un simposio que terá lugar o xoves 28 as 16.00 horas na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia. Este está organizado polo grupo de investigación Organistrum. A historia da arqueoloxía musical experimental, as características dos instrumentos medievais ou a actualidade da luthería son algúns dos temas que se tratarán nestas sesións expositivas, que terán como clausura un recital de Begoña Olavide o sábado día 30 ás 13.00 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. Ademais, do 29 abril ao 28 de maio, o Salón do Artesoado do Colexio de Fonseca acollerá a exposición Os sons da Pedra. O ronsel do Mestre Mateo.

No tocante á música, o grupo Maladança, con Unha noite na corte do Rei Alfonso, abrirá un ciclo musical que se ofrecerá un total de cinco concertos ata o 24 de maio. Pancho Álvarez o día 10 de maio, o dúo formado por Rosa Sánchez e Pablo Carpintero o 18 de maio, o grupo Martín Códax o mércores 18, e o instrumentista Antonio Madueño xunto coa soprano Kimiyo Nakako tamén farán soar os instrumentos medievais.

Con “Os sons da Pedra”, a USC pretende difundir o patrimonio instrumental proxectado na pedra polo Mestre Mateo.

Pode que che interese...