fbpx
Bandeira proposta para o concello de Soutomaior / remitida

Cando un castelo constrúe a identidade dun concello e dunha bandeira

Tempo de lectura: < 1 min.

Os castelos dominaban no medievo amplos territorios. Hoxe non dominan territorios pero é son icona da historia de Galicia e dos concellos onde están. É o caso do de Soutomaior, un castelo do século XII que, ademais, deu inicio a unha das linaxes familires máis importantes do país; a dos Soutomaior.

Por iso, o castelo será o emblema da nova bandeira oficial do Concello de Soutomaior que xa está lista para ser aprobada no próximo pleno da corporación municipal. O Concello acaba de recibir a proposta para a insignia realizada pola Comisión Heráldica de Galicia para garantir a súa fundamentación dentro da normativa que regula os brasóns históricos galegos.

Para a creación do novo símbolo oficial do Concello de Soutomaior a Comisión de Heráldica de Galicia realizou un estudo expondo os feitos históricos e as peculiaridades do municipio nas que se basea a nova insignia. Así, a bandeira ten como elemento central ao Castelo, ao ser o “testemuña e case sempre protagonista dos feitos históricos de maior relevancia no municipio”, destacan desde a Comisión Heráldica.

Do mesmo xeito, o campo da bandeira compleméntase cun bordo de cadros en cor ouro e axedrezado (amarelo e vermello) en orde inversa para facilitar o contraste que fai referencia a modo de homenaxe ao escudo de armas da liñaxe dos señores de Soutomaior.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que agora a proposta de deberaa ser aprobada polo pleno municipal antes de enviala para a súa aprobación final pola Xunta de Galicia, momento no que poderá ser usada de forma oficial.

Pode que che interese...