80 eucaliptos para unha mámoa
Unha nova plantación de eucaliptos arrasou cunha mámoa, desta volta, a do Chao da Moa, en Viveiro.
“Seguimos observando agresións salvaxes ao patrimonio e seguimos sorprendéndonos e escandalizándonos do que a industria forestal está a facer. A última, na mámoa do Chao da Moa. Profundos sucos, pedras desprazadas e uns 80 eucaliptos enriba do túmulo”. É a denuncia que fai o colectivo Mariña Patrimonio, que non é a primeira vez que denuncia este tipo de agresións.

Eucalitos destrozan a mámoa de Chao da Moa, en Viveiro / Mariña Patrimonio