A enigmática cabeza castrexa do Museo de Pontevedra
Esta cabeza de granito, posiblemente da época dos castros, coa faciana de ollos moi avultados e nariz triangular de base ancha, foi achada casualmente no Monte do Castro en Agudelo (Barro, Pontevedra). A falta de contexto non permite precisar ben a súa cronoloxía.
Dende o Museo de Pontevedra acaban de facer unha modelaxe en 3D desta enigmática peza.
Cabeza de granito do Monte Güimil
by Museo de Pontevedra
on Sketchfab