fbpx
Manifestación en contra do abandono do Camiño de Santiago ao seu paso por Sarria / www.plataformariosarria.org

O TSXG denuncia a “inactividade” de Patrimonio na defensa do Camiño de Santiago en Sarria

Tempo de lectura: < 1 min.

A Plataforma Sarriá polo Río informou de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) “obriga” á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta a tramitar a denuncia que a propia organización presentou por infraccións en materia de protección do Camiño de Santiago durante a execución das obras de encanamento do río Sarria.

Mediante un comunicado, a plataforma informou de que o TSXG estimou o recurso interposto “contra a inactividade da Dirección Xeral de Patrimonio” en relación á denuncia que esta mesma organización presentou sobre infraccións no ámbito de protección do Camiño de Santiago.

A plataforma considera que esta sentenza, do 17 de marzo, “vén confirmar tanto a desidia da Dirección Xeral de Patrimonio“, porque transcorridos case sete meses non ditara resolución sobre a denuncia, así como “a súa evidente conivencia e amiguismo coa Confederación Hidrográfica” Miño-Sil.

Pode que che interese...