fbpx
Baltar na "Casa das Rodas", en Arboiro, San Xoán de Río, con Florencio de Arboiro e Jesús de Juana / Deputación de Ourense

Ourense terá un museo de rodas de afiar en 2017

Tempo de lectura: < 1 min.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quere que a tradición dos afiadores se manteña, aínda que sexa nunhas vitrinas. Por iso, anunciou a súa intención de poñer en marcha en 2017 un museo adicado ás rodas de afiar en San Xoán de Río.Baltar fixo este anuncio durante unha visita á “Casa das Rodas”, en Arboiro, San Xoán de Río, onde o escultor Florencio de Arboiro ten singulares pezas da etnografía e dos oficios populares de Galicia, incluída a colección máis importante de rodas de afiar de Galicia.

Acompañado do historiador Jesús de Juana, Baltar reiterou o seu compromiso e destacou que os afiadores foron “auténticos emprendedores”. O representante da Deputación fixo ademais fincapé no “carácter emigrante que define a alma dos ourensáns”.

“É un ourensán universal comprometido co noso patrimonio material e inmaterial nesta terra da faísca” que debe este nome aos afiadores, os auténticos embaixadores de Ourense”, comentou o presidente provincial.

Na mesma liña, De Juana resaltou “o traballo de investigación e de recuperación de toda esta achega etnográfica e histórica” por parte de Florencio de Arboiro.

Pode que che interese...