A Garda Pretoriana de Lugo, de peregrinación
As tropas da Garda Pretoriana partiron este mediodía da Praza Pío XXI, de Lugo, para realizar o Camiño de Santiago e promover ao mesmo tempo o Arde Lvcvs.
Trátase dunha actividade enmarcada na programación do Lvcvs Cvltvral, posta en marcha polo Concello, en colaboración coas asociacións de recreación histórica da cidade, para quentar motores para o Arde Lvcvs, que terá lugar do 16 ao 19 de xuño.
A Garda Pretoriana recorrerá o camiño en 5 etapas, chegando á Praza do Obradoiro o martes, 17 de maio, ás 12:00 horas. A primeira delas será de Lugo a Ferreira, a segunda, de Ferreira a Boente, a terceria de Boente a Pedrouzo e a cuarta de Pedrouzo ao Monte do Gozo. Durante o camiño os membros da Guardia Pretoriana irán caracterizados de romanos, entrando en formación en Santiago.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, despediu este venres ás tropas que chegarán a Compostela o vindeiro martes, Día das Letras Galegas.