fbpx
Lito Sande co curioso gravado da táboa das leis / FB

Aparecen gravadas as táboas da Lei nunha pedra de Vilar do Rei

Tempo de lectura: < 1 min.

Que fan as táboas da Lei gravadas nun conxunto de petróglifos na Pedra que Fala, en Vilar do Rei e Castromaior?. Iso foi o que se preguntou Lito Sande a quen segundo lle contaron os veciños fixo un estranxeiro.No grupo de FB de Arqueoloxía de Galicia, Lito acaba de publicar o achado dun curioso gravado no importante petroglifo da Pedra que Fala, en Vilar do Rei e o Castromaior.

“Nada se sabe do seu autor nin porque foi elexido ser labrado nas rochas de ese sitio”, apunta. Con todo, el mesmo desvela parte do segredo. “Según contan as persoas dos arredores, seique polas tardes un señor de mediana edade con sombreiro e sempre acompañado dun can pequeno, poñíase a picar a pedra pero non todolos días e cando tentaron falar con él, non se entendían con él, dado que o home era estranxeiro e nada poido aclarar da súa obra”.

Con todo, ninguén sabe porque ese misterioso home elixiu esa pedra para facer a súa peculiar obra. A rocha na que están labradas as táboas está mesmo o pé do Castromaior, mirando ao Oeste. “Un misterio máis polo que o rodea que pola importancia artística, nun lugar en que unhas pedras falan e outras como esta calan”, apunta.

Pode que che interese...