fbpx
Probable campamento romano en Campos, Vilanova da Cerveira (Portugal) / romanarmy.eu

Cando Roma dominaba a Gallaecia

Tempo de lectura: 2 min.

O Consello da Cultura debate sobre a presenza militar romana no noroeste peninsular nunha xornada que terá lugar o vindeiro 12 de maio.

Nos últimos anos do século pasado produciuse na rexión cántabra o descubrimento dunha serie de sitios arqueolóxicos chamados a cambiar a historia da conquista romana do norte peninsular. Grazas ao desenvolvemento das técnicas prospectivas, estes campamentos de campaña, practicamente descoñecidos ata entón na Iberia, comezaron a localizarse rapidamente nas áreas ástur, leonesa e, finalmente, galaico-portuguesa.

Nesta pequena revolución arqueolóxica, o impacto das técnicas de teledetección (fotografía aérea e por satélite, LiDAR aéreo, etc.) e dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) foi fundamental e permitiu o desenvolvemento de metodoloxías de baixo custo. Deste xeito, abriuse a disciplina ás achegas dun maior número de persoas, democratizándoa e permitindo a superación dos estritos límites académicos e especializados.

Romanarmy.eu é un exemplo destes novos vieiros da investigación arqueolóxica. Xorde, dunha banda, como resposta natural a esta dinámica, intentando explorar as potencialidades desta liña de investigación, reforzándoa alí onde amosa as súas debilidades, e procurando entender mellor o modo en que se articulou a presenza militar romana nestas rexións e cal foi o seu impacto sobre as paisaxes arqueolóxicas mediante a adopción de perspectivas multidimensionais. Por outra, é a forma en que cristalizan as traxectorias confluentes dun conxunto de novos investigadores preocupados pola necesaria divulgación do noso patrimonio arqueolóxico e cultural.

PROGRAMA

17:00 horas
Presentación

17:15 horas
Sesión de relatorios
Unha de romanos: mitos e realidades arredor da conquista do norte peninsular
José Manuel Costa García
A pé de campo e a golpe de rato: o fenómeno do descubrimento arqueolóxico no século XXI
Andrés Menéndez Blanco
Novas e non tan novas técnicas de teledetección en arqueoloxía
João Fonte
Construíndo unha linguaxe narrativa para a divulgación da investigación científica
Manuel Gago

19:15 horas
Debate

Pode que che interese...