fbpx
Vista da Serra do Barbanza desde Moimenta, en Boiro / Concello de Boiro

Novos bens arqueolóxicos en Boiro?

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha tala descubre o que podería ser un castro e un hábitat rupestre no Concello de Boiro.

A tala dun eucaliptal acaba de sacar á luz o que poden ser dous novos ben arqueolóxicos no Concello de Boiro. Tras a limpeza dun monte quedaron ao descuberto varias estruturas que, segundo varios especialistas, poderían tratarse dun castro e dun hábitat rupestre.

O achado está no Coto do Espiño, en Moimenta. E, alí, tras a limpa, pódese apreciara o que podería tratarse dunha cabana e unha muralla duns cincuenta metros de lonxitude.

Noutra tala tamén se descubriu, no lugar de Chans do Cerqueiro, unhas estruturas que poderían datar, segundo os especialistas do concello, do terceiro milenio antes de Cristo.

Os bens atópanse moi preto e nas inmediacións da estrada que discorre entre Boiro e Noia, aínda que son de épocas diferentes. Os especialistas desplazados da Universidade de Santiago non descartan achar máis restos na zona.

Polo momento, o concello xa ordenou que non se realicen máis talas ou limpezas á espera de que se conclúan as primeiras análises sobre o terreo.

Pode que che interese...