fbpx
A antropóloga de orixe galega Rosa García Orellán / http://tedxpasaiawomen.com

A antropóloga Rosa García Orellán premiada no ‘Día de Galicia en Euskadi’

Tempo de lectura: < 1 min.

A XXXI edición do ‘Día de Galicia en Euskadi‘ galardoou co premio ‘Anduriña de ouro’ á antropóloga vasca de orixe galega Rosa García Orellán. Este premio representa a máxima distinción da Irmandade de Centros Galegos no País Vasco.O ‘Día de Galicia en Euskadi‘ é a representación da colectividade galega no País Vasco, segundo puntualizou a Xunta a través dun comunicado. Por este motivo, participaron no evento anual a través dunha área expositora chamada ‘Galicia, Pórtico Universal’.

O proxecto naceu en 2013 e pretende dar a coñecer Galicia aos cidadáns doutras comunidades e países para desta forma servir de “promoción e difusión da terra de orixe”.

A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi creouse coa finalidade de “promover e establecer nexos de unión”, así como promover o coñecemento da lingua e a cultura entre as dúas sociedades.

Pode que che interese...