fbpx
Anta da Ferreirúas, pertencente á necrópoli Campa das Antas, en Navia de Suarna / Xabier Moure

Denuncian danos nunha anta de Navia de Suarna

Tempo de lectura: < 1 min.

A anta de Ferreirúas, probablemente o enterramento megalítico máis espectacular da necrópole da Campa das Penas, situada na parroquia de Cabanela (Navia de Suarna), foi seriamente danada sen que, ata o momento se saiba o autor deste novo atentado contra o patrimonio.O activista patrimonial Xabier Moure destaca que, nunha visita a este xacemento o pasado 31 de maio, constatou que a tampa foi partida. Ao día seguinte, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares comunicaron o atentado ao Concello de Navia de Suarna e ao Servizo do Patrimonio Cultural.

Este conxunto foi dado a coñecer por Enrique López Fernández no seu Megalitos y mámoas en el Ayuntamiento de Fonsagrada, publicado no Boletín do Museo Provincial de Lugo no ano 1992, traballo que foi presentado e lido en Ourense no ano 1986, durante a celebración dos actos que tiveron lugar no decurso dunha homenaxe a Florentino López Cuevillas con motivo do centenario do seu nacemento.

O enterramento, soterrado no túmulo, presenta cámara poligonal, composta por sete ortostatos de lousa e cuarcita, Ao seu carón, un pouco removida, está a tampa de lousa. Dá a impresión de posuír un corredor pouco desenvolvido polo SL. O túmulo ten uns 25 metros de diámetro.

Pode que che interese...