fbpx
Danos no muro do Castro de Pastoriza, en Arteixo, polo que foron detidas dúas persoas / Garda Civil

Detidas dúas persoas en Arteixo por danar un castro nunha tala

Tempo de lectura: < 1 min.

Efectivos do Seprona da Garda Civil detiveron en Arteixo a dúas persoas acusadas dun delito sobre o patrimonio histórico ao realizar unha tala sen autorización nas inmediacións do Castro de Pastoriza, que resultou danado.Segundo informaron os axentes, os feitos sucederon na zona de protección integral dun castro da idade do ferro e causaron danos no muro perimetral da croa e as defensas do coñecido como Castro de Pastoriza.

A Garda Civil puxo de manifesto o descoñecemento das obrigas que os titulares de leiras que albergan bens declarados, catalogados ou inventariados teñen de conservar, coidar e protexer os mesmos para evitar a destrución e deterioración do patrimonio.

Pode que che interese...