Nova web de descargas de arquivos con información xeográfica
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publicou unha nova aplicación, deseñada polo Centro de Descargas de Información Xeográfica, e orientada á descarga de mapas e arquivos georreferenciados en diferentes formatos. Nela colabora a Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
A ferramenta, desenvolvida a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), ten un triplo obxectivo, tal e como informou a Xunta nun comunicado. Por un lado busca facilitar o uso da web por parte de calquera cidadán, así como aumentar a información dispoñible e poñer a disposición dos profesionais os arquivos en distintos formatos.
Neste sentido, a aplicación incrementou en máis de 200.000 documentos a información posta a disposición da poboación, unha cifra moi superior aos menos de 50.000 existentes na versión anterior.
Por outro lado, unha das novidades que esta nova aplicación presenta é que agora é “máis amigable”, grazas a a incorporación dun novo visor xeográfico no que o usuario pode “buscar un ámbito territorial determinado” mediante buscas de topónimos, coordenadas ou códigos catastrais” sinalou a Xunta. Podes descargala en http://mapas.xunta.es/visores/descargas/