Cconxunto da Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía, declarado Monumento Histórico-Artístico e BIC / turismo.gal

Restauran un Monumento Histórico-Artístico e BIC en Xunqueira de Ambía (Ourense)

Tempo de lectura: < 1 min.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinou case 250.000 euros á restauración da Praza Bispo Carrascosa, situada na zona da Colexiata de Santa María, no Concello de Xunqueira de Ambía (Ourense).O convenio desta licitación foi asinado polo alcalde da localidade ourensana, José Luis Gavilanes, e a conselleira de Medio e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e enmárcase no Plan HURBE, segundo explicou este departamento autonómico nun comunicado.

En concreto, as actuacións de restauración previstas abranguen os espazos da Praza Bispo Carrascosa, o adro da colexiata e o extremo nordés da Praza San Rosendo. Todos os anteriores se integran no conxunto da Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía, declarado como Monumento Histórico-Artístico e Ben de Interese Cultural (BIC).

Trátase dunha área no centro do núcleo urbano tradicional conformada por un conxunto de espazos públicos envolvidos por edificacións tradicionais de pedra con cubertas de tella cerámica.

Deste modo, perséguese manter e conservar o ámbito da colexiata e dar unha mellor imaxe do conxunto do espazo público. Ademais, os obxectivos tamén abranguen a mellora das condicións de uso e a execución da canalizacións precisas, para no futuro poder completar as instalacións sen que sexa necesario intervir de novo no subsolo da praza.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: