fbpx
Museo Arqueolóxico de Santa Tegra / turismo.gal

Talleres de arqueoloxía en Santa Tegra

Tempo de lectura: < 1 min.

O Masat, Museo Arqueolóxico de Santa Trega da Guarda, acollerá os próximos días 9 e 10 de xuño, dous talleres de investigación Arqueolóxica dentro do proxecto ‘Telearqueoloxía’ deste ano en curso.

Trátase dunha iniciativa cofinanciada pola FCYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e a Deputación de Pontevedra, cuxo obxectivo principal é pór en valor un conxunto de traballos de investigación en formato audiovisual sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra. Baséase no concepto de arqueoloxía en comunidade onde a participación dun público diverso cobra protagonismo.

A primeira das actividades, que ten lugar o xoves día 9 de xuño ás 19.00 horas, é un taller formativo no que o público asistente aprenderá a realizar unha investigación e a comunicala mediante o formato audiovisual. Na xornada explicaranse os aspectos máis destacados á hora de realizar unha investigación, tanto a nivel xeral, como específico, con exemplos prácticos aplicados ao patrimonio arqueolóxico.

Na segunda xornada de ‘Telearqueoloxía 2016‘, o venres 10 a partir das 16 horas, desenvolverase un taller de videoinvestigación co que se pretende formar aos participantes na creación de vídeos con dispositivos de gravación a nivel usuario (móbiles, tabletas, cámaras), así como na edición de vídeo. Todos os interesados en asistir poden inscribirse mediante un correo electrónico dirixido a telearqueoloxia@depo.es. Para máis información sobre o proxecto (categorías, premios, prazos de presentación) poden visitar a páxina web http://telearqueoloxia.museo.depo.es ou chamar ao teléfono do Masat 690 017 038.n

Pode que che interese...