A Torre de Hércules vístese de azul
Azul. Ese foi a cor que elixiu a torre de Hércules para celebrar o sétimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade.Ademais deste acto simbólico, o faro en activo máis antigo do mundo festexa este feito cunha serie de actos nos que a riqueza ambiental do seu ámbito natural é protagonista. Ademais, o valor ambiental do espazo no que se asinta o faro tamén é protagonista nas fotos e vídeos que participan no concurso #7aniversariopatrimoniomundial, que se mantén activo ata final de mes a través dos perfís da Torre de Hércules en redes sociais.
Tamén se programaron actividades en torno a esta celebración, como a participación da directora da Torre de Hércules, Ana Santorun, na mesa redonda ‘A biodiversidade da Torre de Hércules, o noso patrimonio máis natural’, xunto á concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García, para reflexionar sobre o aproveitamento sostible deste recurso turístico.
“Ave Crunia”
Por outro lado, as recreacións da época romana de ‘Ave Crunia’ volven á Torre o sábado 2 e o domingo 3. Este ano, céntranse na relevancia que tivo A Coruña como base marítima durante o Século de Ouro.
Os actos realízanse en colaboración con Royal Green Jackets, recreadores de Galicia e a Academia da Espada-Esgrima Antiga Comunicación Turismo da Coruña.
[wp_geo_map]