Unha guía para coñecer a historia da Gallaecia
Unha nova guía explora as distintas rutas históricas da Galaeccia. “De Gallaecia á Eurorrexión, rutas turísticas da nosa historia” é a proposta en forma de libro turístico que fai o grupo NOMEE, en colaboración co Eixo Atlantico, que xa se pode descargar online.
‘De Gallaecia á Eurorrexión, rutas turísticas da nosa historia‘, percorre desde os antigos asentamentos prehistóricos, a Idade Media, a invasión Napoleónica ou a era moderna e industrial do s. XX. Agrupadas en seis capítulos: Arte en pedra. A nosa prehistoria; De castrexos e romanos; Xermanos, Árabes e Viquingos; De reis, bispos e monxes; O tempo dos modernos; Da Revolución aos nosos días, a guía pon en valor a riqueza etnográfica da eurorrexión ao longo da Historia, cos fitos singulares que poden ser visitados e recoñecidos. A guía une, ademais, de forma virtual un percorrido, a modo de ruta, para aqueles viaxeiros que desexen coñecer as singularidades do territorio.
‘De Gallaecia á Eurorrexión, rutas turísticas da nosa historia‘, conta con 218 páxinas das que se editan 60.000 guías en catro idiomas: castelán, portugués, galego e inglés.
Na última década, estase promovendo o desenvolvemento turístico da eurorrexión vinculado ao Camiño de Santiago, a etnografía, a gastronomía ou as cidades. Por iso, este ano, a Eurorexión quere poñen en valor a súa riquísima historia como un elemento turístico e económico para que os seus habitantes poidan visitar e gozar dunha historia común desde a prehistoria, até as guerras Napoleónicas ou a revolución industrial, nos albores do s. XX.