A Xunta quere converter os museos en “recursos culturais e económicos”
A Xunta quere impulsar a planificación estratéxica e a cooperación para converter os museos galegos nun recurso cultural e económico. Así o suliñou este mércores o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, durante a inauguración da I Xornada Profesional de Museos.Neste escenario, Román Rodríguez explicou que este encontro busca crear un punto de reflexión no que se intercambien experiencias, se reforcen os lazos de cooperación entre os diferentes museos galegos e se aborden os próximos retos que presenta este ámbito.
Por iso, destacou que “os museos están chamados” a ser unha peza fundamental de Galicia do futuro” e, neste sentido, apostou por continuar coa “senda para modernizar a regulación lexislativa dos elementos culturais”. Ademais, sinalou a necesidade de que estas institucións se adapten aos novos tempos, co obxectivo de dar resposta ás demandas da sociedade e aos desafíos próximos.
Neste sentido, apuntou a necesidade de aprobar unha nova Lei de Museos, co fin de regular e impulsar a planificación estratéxica do futuro destas institucións, así como a súa modernización.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, durante a inauguración da I Xornada Profesional de Museos / xunta.es
As xornadas
A xornada está dirixida a profesionais e técnicos dos museos, sobre todo aqueles que forma parte do Sistema Galego de Museos, para facer unha posta en común da situación actual, escollendo algúns modelos e casos entre os museos xestionados por ao Consellería que se atopan nun proceso de cambio.
Deste modo, o foro contará coa intervención dalgúns dos responsables dos principais centros museístico de xestión autonómica, como o Museo Etnolóxico de Ribadavia, o Museo Massó de Bueu, ou o Museo de Belas Artes da Coruña.