fbpx
Veciños de Compostela agardan para exercer o seu dereito ao voto para aprobar o Estatuto de Autonomía do 36 / memoriasdecompostela.blogspot.com

Compostela acolle un gran congreso internacional sobre o 36

Tempo de lectura: 3 min.

Coincidindo co 80 aniversario do Golpe de Estado, o 18 de xullo, comezará o Congreso Internacional ‘1936 ¿Un novo relato? 80 anos entre historia e memoria’, que se celebrará ao longo de tres días na Facultade de Xeografía e Historia, a Fundación Eugenio Granell e o Teatro Principal.

Unha das súas organizadoras, Loli Vilavedra, explicou durante a súa presentación que os organizadores sentiron “a obriga ética de abrir o encontro á cidadanía, indo máis alá das sesións clásicas de conferencias e mesas redondas”.

Para iso, propóñense tres charlas abertas ao público no Teatro Principal, “un espazo máis civil e menos académico”. Serán os días 18, 19 e 20 de xullo, ás sete da tarde, e estarán protagonizadas polo xurista e fiscal Carlos Castresana; Elizabeth Jelin, membro do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas de Arxentina; e Ben Kierman, da Universidade de Yale.

Ademais, no Congreso está confirmada a participación doutros nomes recoñecidos como Ángel Loureiro, da Universidade de Princeton; Elina Liikanen, da Universidade de Helsinki; Reyes Mate, investigadora do CSIC; Manuel Cruz, da Universitat de Barcelona; ou Xavier Etxeberría, da Universidade de Deusto. Ademais, para a xornada do 19 de xullo está previsto un café literario con Manolo Rivas e Suso de Toro.

O Congreso, organizado polo Histagra, pretende “valorar e analizar unha nova codificación que xa leva un tempo a desenvolverse e confrontala cuns relatos herdados que perviven, malia que con evidentes síntomas de esgotamento”. Por iso, historiografía e estudos literarios, comparten espazos comúns. “Pretenden dialogar neste foro que se concibe como unha ocasión idónea para presentar e
discutir, dende distintos enfoques, as visións e interpretacións que a sociedade española actual manexa dun pasado incómodo e a dimensión ética do seu coñecemento, pero tamén para debater sobre a necesidade dun novo relato sobre ese pasado e mais sobre os elementos dispoñibles para construílo”, apuntan os organizadores.

Ademais deste congreso, o Histagra tamén realizou unha exposición sobre o que aconteceu na capital galega durante os primeiros días do golpe militar de Franco.

 

PROGRAMA
 DíA 1: LUNS 18 DE XULLO

Está esgotado o relato sobre a guerra civil?
Facultade de Xeografía e Historia

9:00 Inauguración

9:30 Conferencia plenaria. Ángel Loureiro (Princeton University):  Memoria da historia, historia da memoria. A propósito da España do s.  XX. Presentado por Lourenzo Fernández Prieto

10:30 Pausa

11:00-14:00 Mesa redonda
Moderador: Antonio Miguez Macho

Relatores:
Ángeles Egido León (UNED), Ulrich Winter (Philipps-Universität  Marburg), Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de  Compostela)

Retrucantes:
Jesús Izquierdo Martín (Universidad Autónoma de Madrid), Xermán  Labrador (Princeton University), Daniel Lanero Táboas (Universidade de  Santiago de Compostela), Xavier Pla Barbero (Universitat de Girona)

Debate aberto até o fin da sesión

16:30-18:30 Sesión de comunicacións: Novas perspectivas de investigación I

Sesión 1: Novas perspectivas para un novo relato
Presidente: Manuel Ortiz-Heras
Relator: Xesús Balboa

Sesión 2: Discurso e memoria
Presidente: Raquel Macciuci
Relatora: Elina Liikanen

Teatro Principal

19:00 Conferencia. Carlos Castresana (Xurista e fiscal):
Memoria, historia e xustiza transicional
Presentado por Ramón Villares Paz
DÍA 2: MARTES 19 DE XULLO

Un novo coñecemento para outro relato

Facultade de Xeografía e Historia

9:30 Conferencia plenaria. Antonio Cazorla (Trent University): O  relato e o seu formato: o papel da Historia Pública
Presentado por Antonio Miguez Macho

10:30 Pausa

11:00-14:00 Mesa redonda
Moderada por Dolores Vilavedra Fernández

Relatores:
Carlos Gil Andrés (Instituto de Educación Secundaria Inventor Cosme  García de Logroño), Elina Liikanen (University of Helsinki), Antonio  Miguez (Universidade de Santiago de Compostela)

Retrucantes:
Ana Cabana Iglesia (Universidade de Santiago de Compostela), Emilio  Grandio Seoane(Universidade de Santiago de Compostela), Aurora Artiaga  Rego (Universidade de Santiago de Compostela), Óscar Rodríguez  Barreira (Universidad de Almería)

Debate aberto até o fin da sesión

Fundación Granell

17:00 Mesa Café literario con Manolo Rivas e Suso de Toro
Presentado por Dolores Vilavedra

Teatro Principal

19:00 Conferencia. Elizabeth Jelin (CONICET, Arxentina): Os tempos das  memorias. Recordos, silencios e olvidos en perspectiva comparada
Presentada por Francisco Caamaño
DÍA 3:  MÉRCORES 20 DE XULLO

A dimensión ética dos novos relatos sobre o pasado incómodo

Facultade de Xeografía e Historia

9:30 Conferencia plenaria: Reyes Mate (CSIC): Memoria e relato: obriga  a mirada moral ao pasado a un novo relato?
Presentado por Dolores Vilavedra Fernández

10:30 Pausa

11:00-14:00 Mesa redonda
Moderada por Lourenzo Fernández Prieto

Relatores:
Manuel Cruz (Universitat de Barcelona), Miguel Anxo Murado, Dolores  Vilavedra (Universidade de Santiago de Compostela)

Retrucantes:
Mari Jose Olaziregi (Universidad del País Vasco/Instituto Vasco  Etxepare), Xabier Etxeberría Mauleón (Universidad de Deusto), Julio  Prada Rodríguez (Universidade de Vigo), Carlos Teijo García  (Universidade de Santiago de Compostela)

Debate aberto até o fin da sesión

16:30-18:30 Sesión de comunicacións: Novas perspectivas de investigación II

Sesión 1: Novas perspectivas para un novo relato
Presidente: Julián Chaves
Relator: Miguel Cabo

Sesión 2: Discurso e memoria
Presidente: António Gil
Relatora: Sergio Riesco

Teatro Principal

19:00 Conferencia. Ben Kiernan (Yale University): Unha historia global  do xenocidio desde a antigüidade até os nosos días
Presentado por Álvaro García

Pode que che interese...