Denuncian o abandono do patrimonio tras o gasto de catro millóns en promoción da Xunta
“Mentres a Xunta de Galicia gasta fondos públicas en campañas publicitarias de promocion turistica, camiño de santiago, recursos naturais, illas, gastronomia….. o patrimonio que se anuncia e pretende promocionar para as visitas esta nunha situacion de falta de vixiancia limpeza e coidado, abandono, falta de sinalización”. É a denuncia que fan os integrantes do grupo AnovaTerra que din sentir “vergoña allega” polo desleixo do patrimonio tras gastar Turismo de Galicia máis de catro millóns en promoción dos “recursos naturais e patrimoniais” de Galicia.
Neste sentido, lembran o caso da illa de Guidoiro Areoso na que se permite o acceso a illa e no que é evidente o deterioro dos elementos mais singulares do patrimonio arqueolóxico “pola falta de sinalización vixilancia e coidado como o caso do dolmen acubillado pola area e rodeado de lixo”, indica.
Tamén sinala que a illa de Tambo, que ocupa nunha situación estratéxica para contribuír á potenciación da economía e do turismo da ria de Pontevedra, “ agarda o interese das Administracións pola sua recuperación e posta en valor para usos produtivos vinculado ao monte, lúdicos e turísticos toda vez que perdeu o uso militar”.
Anova Terra tamén denuncia o abandono do miradoiro de Siradella no Grove ou os espazos sen vixilancia, nin xestión da especies invasoras, como acontece no Carreirón da Illa de Arousa. “E mentres isto é así, asistimos a campañas publicitarias que supoñen desvío de fondos públicos o que se pode comprobar coa múltiples e continuadas contratacións para propaganda institucional, chegando a un gasto de unhos 13 millóns de euros en entre o ano 2015 e o que vai do ano 2016”, conclúe nun comunicado este colectivo.