Un petróglifo único en Galicia leva anos asfaltado

Situación do petróglifo Baixada da Barca, en Arbo
O petróglifo de Baixada da Barca, en Arbo, é un conxunto de insculturas de gran valor en Galicia polos motivos que representa. Xunto co de Poza da Lagoa, en Redondela, son os únicos que representan a cuadrúpedos esquemáticos asociados a círculos concéntricos.

Conxunto do petróglifo Baixada da Barca, en Arbo
Tal e como teñen estudado Pérez Paredes e Santos Estévez, este petróglifo probablemente pertenza a Idade do Bronce. Sen embargo, e á pesar da súa singularidade, atópase nun moi mal estado de conservación, en parte, porque está case medio asfaltado.
E é que unha estrada case que estraga todo o conxunto. Unha situación que persiste desde hai tempo, tal e como suliña Ángel de Prado, do clube espeleolóxico Maúxo e un dos grandes coñecedores deste petróglifo.
De feito, algunhas formacións políticas mesmo teñen levado nos seus programas electorais a restauración deste ben único pero, polo momento, a inscultura segue rodeada dunha capa de piche.