Vídeo: Así se atopan os restos da illa dos mortos
AnovaTerra acaba de publicar un vídeo sobre o estado no que se atopan os bens que se atopan na Illa de Guidoiro-Areoso, na ría de Arousa, e á que algúns coñecen como a illa dos mortos, pola gran concentración de túmulos funerarios que hai un espazo tan pequeno.
Este mesmo colectivo denunciaba hai uns días a situación de abandono que deste illote no que se permite o acceso e no que é evidente o deterioro dos elementos mais singulares do patrimonio arqueolóxico “pola falta de sinalización vixilancia e coidado como o caso do dolmen acubillado pola area e rodeado de lixo”.
Tamén criticaba a situación na que se atopaba a illa de Tambo, o abandono do miradoiro de Siradella no Grove ou os espazos sen vixilancia, nin xestión da especies invasoras, como acontece no Carreirón da Illa de Arousa.