fbpx
Mosteiro de San Clodio / Turismo de Galicia

O sarcófago que decorará un spa de vinoterapia

Tempo de lectura: < 1 min.

Turismo de Galicia, ente dependente da Xunta de Galicia, promove as obras de construción dun spa de vinoterapia no mosteiro de San Clodio, en Ourense. Unhas obras no entorno do cenobio na que se descubriu un sarcófago medieval.

A pesar do achado, as obras continuaron con total normalidade e sen interrupcións. De feito, a intención da empresa contratada pola Xunta, Copasa, é que este elemento patrimonial pase a ser un elemento máis da decoración nas zonas de esparexemento do futuro spa.

O achado xa foi comunicado á Dirección Xeral de Patrimonio, que procedeu a enviar un equipo de técnicos para efectuar unha análise previa da estrutura mortuoria e dos restos atopados no seu interior. Estes expertos efectuarán un estudo do sarcófago co fin de pescudar a súa antigüidade, que probablemente se remontan á Idade Media, coincidindo coa creación do cenobio.

A tumba antropomorfa de granito foi atopada nas antigos cortellos e adegas anexos ao mosteiro de San Clodio, onde están tendo lugar as obras que custan un millón de euros. As previsións apuntan a que o centro de tratamento con produtos do viño estea finalizado antes da próxima primavera.

Pode que che interese...