fbpx
O tunel do actual corredor do Morrazo pasa por baixo do castro de Montealegre e co desdobramento en autovía, construirase outro que afectará ao sitio / dendeomorrazo.files.wordpress.com

Os segredos do poboado que será atravesado por unha autovía

Tempo de lectura: 2 min.

Montealegre é un sitio arqueolóxico de tres hectáreas que se atopa no actual corredor do Morrazo. As obras para converter esta infraestrutura nunha autovía provocaron que se estea escavando a marchas forzadas para tentar rescatar as maiores pezas posibles para coñecer todo o posible sobre este poboado galaico-romano. E é que as novas obras volverán furar por baixo do castro.

O arqueólogo Miguel Vidal dirixe un grupo de 15 profesionais entre arqueólogos e auxiliares que se encargan de rescatar os antigos sillares do poboado e todos os restos que aparecen no lugar. As escavacións arqueolóxicas comezaron o pasado 1 de maio e poden prolongarse ata o outono.

Precisamente, o desdobramento do túnel de Montealegre provocará danos no sitio arqueolóxico. De aí a importancia de catalogar e estudar o máximo posible. Os traballos actuais localínzanse nunha área de 600 metros cadrados. Polo momento xa se levan escavados 1.500 metros dos 3.000 que ten este poboado de, polo menos, 2.300 anos de antigüedade.

Comercio

Situación do castro de Montealegre, afectado pola futura autovía do Morrazo

Situación do castro de Montealegre, afectado pola futura autovía do Morrazo

Así o acreditan os achádegos atopados que apuntan a un comercio moi fluído en época romana. E é que se teñen atopado ánforas de 30 litros de capacidade, algunhas delas, idénticas a outras aparecidas en Alemaña. Tamén se atopou un interesante cuncheiro que está sendo investigado.

Entre as pezas máis notables que se atoparon atópanse as ánforas Haltern 70, que están datadas no ano 50 antes de Cristo. Apareceu tamén unha fíbula en forma de omega, elaborada en bronce e unha acus irinalis, unha agulla que se empregaba habitualmente para suxeitarse o pelo no século I antes de Cristo. Tamén se atoparon restos do IV e III a.C.

Xunto con Vidal raballan de xeito conxunto a arqueóloga ferrolá Fiodora López e a arousá Alba González. Os restos de Montealegre foron descubertos por Losada Diéguez en 1927 xa que se atopaban en terreos propiedade da familia da súa muller. No ano 2004, con motivo do proxecto do corredor, afloraron novos restos que son, tamén, motivo de investigación. Vía: La Voz de Galicia

Pode que che interese...