Piden mellores horarios nos museos de Lugo
O BNG – AA pide mellores horarios dos museos de Lugo porque, di, “non se corresponden coa demanda existente”. Así, destaca que, día de hoxe, e malia os diversos anuncios do goberno municipal ao respecto, as instalacións da Casa dos Mosaicos, o Domus do Mitreo, a Sala de Exposicións de Porta Miña e o Centro Arqueolóxico de San Roque tan só abren de xoves a domingo, e este último día só polas mañás.
“Tanto o turismo como a xente de Lugo teñen que facer piruetas para atoparse cos museos abertos”, afirmou a concelleira nacionalista Maite Ferreiro. A edil explicou que Lugo conta con tres patrimonios da humanidade e cuns restos arqueolóxicos e un patrimonio que fan que a cidade sexa un punto de importante interese turístico “se queremos que ese turismo quede satisfeito e siga en aumento temos que crear as condicións”.
Neste sentido, indicou que un importante número de persoas quedan en Lugo unha soa noite, ou simplemente se desprazan dende outras cidades durante o día, “e se coincide con ser nun dos tres días que están os museos pechados, non poderán acceder a eles”.
Por iso, para o BNG – Asembleas Abertas cómpre axilizar esta situación poorque “os datos din que o turismo en Lugo está a medrar, pero o concello non está a dar a resposta necesaria a esta situación” dixo Ferreiro. Para o grupo nacionalista non só hai un problema de horarios senón tamén de información xa que “moitas persoas chegan ata a
buscando unha oficina de turismo que non está todo o sinalizada que debera, agora cómpre buscar unha solución temporal para esta eiva, coa idea de que cando a Mosqueira sexa peonil se cre aí un punto de recepción de turistas”.