fbpx
Mámoa do Alto do Marco, no monte Salgueirón, entre Mos e Ponteareas, afectada por unha pista/ ponteareashistoriaviva.blogspot.com

Convocan unha marcha polo monte Salgueirón para defender unha mámoa

Tempo de lectura: 2 min.

Varios colectivos dos concellos de Mos e Ponteareas organizan un roteiro este sábado polo monte Salgueirón, lugar no que se atopa a mámoa do do Alto do Marco, que sufriu un atentado patrimonial, para difundir o seu valor cultural e natural.

A Asociación de Veciños de Ribadetea (Ponteareas), a Comunidade de Montes de Louredo (Mos), a Asociación Cultural Festa da Prehistoria (Mos), a Agrupación A Cividade (Louredo – Mos) e o Grupo Ecoloxista ADENCO son as impulsoras desta iniciativa e que xurdiu tras unha desfeita que tivo lugar neste espazo natural.+

Así, este monte viuse afectado hai dous anos por unha proba deportiva que abriu un camiño en pleno corazón do xacemento megalítico. As entidades pediron xuntanzas cos representantes do Concello de Ponteares e o de Mos, aínda que este último non respostou ás solicitudes.

Os diferentes colectivos buscaron a colaboración local, pero non a atoparon. Así, decidiron solicitarlle á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta a posta en valor do xacemento, con actuacións de sinalización e delimitación da mámoa, para evitar novos impactos, porque “o que non se coñece, non se protexe”. Ademais, esta mesma solicitude que foi remitida aos dous concellos no seu día, sen ningún tipo de resposta, volveu a presentarse a semana pasada.

Estado da mámoa do Alto do Marco, no Salgueirón, antes e despois de que unha pista lle pasara por riba / ponteareashistoriaviva.blogspot.com

Estado da mámoa do Alto do Marco, no Salgueirón, antes e despois de que unha pista lle pasara por riba / ponteareashistoriaviva.blogspot.com

O roteiro polo Salgueirón

Para concienciar á cidadanía, estas entidades organizar o I roteiro polo monte Salgueirón que arrincará simultaneamente dos dous concellos, do torreiro de Louredo en Mos, e do Teleclube de Cillarga, en Ponteareas, o vindeiro sábado, 1 de outubro, ás 09:30h. No alto dos Focos xuntaranse os dous grupos para desenvolver unha marcha circular polo monte, con regreso aproximado ás 17:30h.

Visitaranse outros xacementos arqueolóxicos e lugares de interese do monte Salgueirón. O percorrido ten unha dificultade media e recoméndase levar roupa e calzado adecuados para andar polo monte, ademais de auga e comida suficiente.

A mámoa do Salgueirón é un lugar de enterramento prehistórico, con máis de catro mil anos de existencia, formado por grandes lousas colocadas en forma de cova, onde se depositaban os corpos dos defuntos e que logo se cubría de terra e de pedras brancas da zona.