Recreación do que podería ser un campamento vikingo en Os Moutillós, O Vicedo / blog.aterrageo.com

Descubrindo os vikingos que atacaron Galicia

Tempo de lectura: 1 min.

Os vikingos forman parte da historia de Galicia. Os seus terribles ataques ás costas galegas durante máis de 200 anos deixaron numerosas pegadas no territorio. Por iso, e para coñecer máis sobre a súa presenza no país, as asociacións Mariña Patrimonio e Nordés Faladora organizan para o sábado 10 de setembro unha xornada sobre a presenza normanda en Galicia.

A xornada iniciarase cunha visita ao mosteiro de San Miguel na illa Coelleira, que partirá do porto de O Vicedo ás 10.00h. Dado que a visita á Coelleira ten límite de prazas, é imprescindible ter feita a reserva previamente.

Ás 14.30h haberá un xantar na Casa Fanego de San Román e as persoas que queiran participar nel teñen como data límite para anotarse o mércores 7 de setembro. Finalmente, tralo xantar, realizarase unha visita ao xacemento arqueolóxico de Os Moutillós.

A xeira rematará cunha conferencia a cargo do xornalista e divulgador cultural Manuel Gago Mariño, co título “Pantasmas do mar. Vikingos e outros piratas na Galicia medieval”. Esta actividade, con entrada libre e gratuíta, terá lugar ás 20.00h na Casa de Cultura de o concello de O Vicedo.

Para coñecer os prezos e as condicións da viaxe á Coelleira así como o custe do xantar, cómpre contactar con Miguel Vizoso no teléfono 619 55 32 36.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: