fbpx
Dolmen de Dombate / turismo.gal
Dolmen de Dombate / foto turismo.gal

O Dolmen de Dombate no centro dunha polémica electoral

Tempo de lectura: < 1 min.

O Dolmen de Dombate entra de cheo na campaña electoral. A plataforma Salvemos Cabana considera “inxustificada” a entrega dun premio a este monumento “a 48 horas dos comicios galegos”, que se celebran este domingo 25 de setembro. Nun comunicado, considera que o acto de entrega do devandito premio podería entenderse “con fins puramente electoralistas” pola “presenza de representantes políticos do Partido Popular”.

Por iso, manifestou o seu “rexeitamento” ao acto de entrega deste galardón no último día da campaña electoral e “cinco anos despois” da inauguración dunha infraestrutura -a galardoada cuberta de madeira- que, subliñou o colectivo, obtivo “críticas” de “diversos expertos” pola súa “ineficiencia” á hora de “protexer as pinturas de época neolítica que alberga o monumento”.

“Malia que a data escollida, 23 de setembro, coincide co Día Mundial da Construción Sostible, resulta insólito que un acto propagandístico destas características poida levarse a cabo en plena recta final da campaña electoral galega, máis cando a inauguración da cuberta de madeira do Dolmen de Dombate se levou a cabo en marzo do ano 2011″, explicou a plataforma.

Ademais, entende que o “parece descoñecer que diversos expertos reflexionaron en público sobre a ineficiencia da estrutura que rodea ao dolmen e que agora premian”.

“Resulta máis que sorprendente que se lle poida conceder un premio a unha infraestrutura que, evidentemente e en opinión de expertos, parece non cumprir de xeito axeitado a función para a que foi deseñado, e todo iso despois do ano máis controvertido na historia do megálito, no que a denuncia chegou ata o Parlamento de Galicia a través dunha proposición non de lei presentada por AGE”, indicou.

Pode que che interese...