Recrean unha batalla da II Guerra Mundial en Monforte
Monforte de Lemos acollerá este sábado a escenificación dunha batalla da II Guerra Mundial. Será no museo do ferrocarril, onde figurantes ataviados como soldados alemáns e norteamericanos darán vida a unha escaramuza bélica de hai 72 anos.
Nesta escenificación participarán 150 figurantes, uns ataviados como militares e outros como civís. Ademais haberá vehículos de guerra, entre eles, camións, automóbiles e ata un tanque. Pertencen a integrantes da asociación coruñesa de afeccionados ás recreacións históricas The Green Jackets. A recreación terá lugar fronte á fachada principal do museo e na rotonda ferroviaria e custará tres euros.