Cartaz das XIV xornadas castrexas de Cambre

Mitoloxía e castros en Cambre

Tempo de lectura: < 1 min.

Cambre celebra esta fin de semana as XIV Xornadas Castrexas que abordarán a mitoloxía dos galaicos e sobre os achados e os misterios do castro de Armea, en Allariz.

De feito, as xornadas inclúen unha visita guiada a este castro. A excursión realizarase o día 16 de outubro. Os asistentes sairán do Concelllo á primeira hora. Pola tarde, tras coñecer o castro, os participantes poderán pasear pola vila.

Os coloquios terán lugar este sábado 15 a cargo do arqueólogo e profesor universitario Fermín Pérez, que disertará sobre o castro de Armea, e o xornalista e docente Manuel Gago, que falará de mitoloxía galaica a partir da experiencia de escritura de Vento e Chuvia. Mitoloxía antiga da Gallaecia.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: