Os últimos segredos de San Cibrao de Las
San Cibrao de Las sacou a luz novos segredos.As últimas escavacións da, que se prolongarán até finais de novembro, acaban de sacar á luz o que pode ser o primeiro barrio completo deste sitio arqueolóxico. Cinco técnicos e outros tantos operarios están a recompoñer as tres primeiras casas, cada unha delas con espazos diferenciados para o almacenamento de produtos agroalimentarios, ademais de sete muíños.
O que non se descubriu nesta campaña, nin nas anteriores, son restos humanos, a diferencia do acontecido nas escavacións da Lanzada. Sen embargo, Miguel Ángel López, director de restauración, destaca en La Región que “a acidez deste terreo desfai o óso e por iso non hai restos”. De feito, os únicos osos recuperados até agora teñen que ver co culto e están situados na parte máis alta da cidade.
Situado en a 18 quilómetros da cidade de Ourense, é un dos castros galegos de maior tamaño do país e conserva dous nomes; San Cibrao ou “A Cidá” ou “Cidade”. A Cidade é o nome tradicional entre as xentes dos arredores. Os nomes de Lambrica, Lanobriga e Lansbrica procede de diversas lecturas que foron feitas sobre unha ara romana dedicada ao deus galaico Bandua, existente nunha casa particular na veciña parroquia de Eiras.
Tamén é un dos castros máis estudiados de Galicia. Unhas investigacións que definiron un período de ocupación continuada desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardía. Actualmente, ao seu carón, atópase o Parque Arqueolóxico da Cultura Castexa.
Diversas campañas
O seu estudo científico iniciouse no ano 1921 cunha primeira visita ao xacemento por parte do antropólogo e prehistoriador Florentino López Cuevillas e do escritor e político Vicente Risco. Desde 1948, o historiador, etnógrafo e escritor Xaquín Lorenzo , coa colaboración e orientación de López Cuevillas, dirixiu dúas campañas nas que se traballou no centro e descubríronse máis construcións circulares e rectangulares, xunto coas portas da muralla interior.
Logo chegaron varias décadas de abandono. Tanto foi así que en 1980 comezouse a construír un campo de fútbol xunto ao castro, e foron precisamente esas obras as que sacaron á luz un xacemento paleolítico.
A partir de 1980 levaronse a cabo labores de consolidación das estruturas xa escavadas anteriormente e novas campañas na zona este en as que se descubriron gran cantidade de estruturas habitacionales. Grazas a todos estes estudos, na actualidade pódese afirmar que se trata dun xacemento correspondente á etapa final da cultura castrexa, na que o proceso de romanización foi moi pronunciado.