Camilo José Cela, protagonista do Museo da Cidade da Cultura
A Consellería de Cultura, a través da Fundación Cidade da Cultura e da Fundación Camilo José Cela, inaugurará o próximo 18 de novembro no Museo Centro Gaiás a exposición “máis ambiciosa” sobre o Premio Nóbel, que se enmarca nas celebración do centenario do autor.
A mostra ‘Camilo José Cela. O centenario dun Nóbel. Un libro e toda a soidade’ chega a Galicia tras o seu exitoso paso pola Bibioteca Nacional, onde foi inaugurada no mes de xullo.
Comisariada polo profesor Adolfo Sotelo, un dos maiores especialistas na obra de Cela, a exposición conforma un “retrato poliédrico” sobre o Nóbel, mostrando a súa actividade non solo como novelista, senón como xornalista, editor, dramaturgo, actor, pintor ou coleccionista.
A través de 600 pezas, a mostra recolle manuscritos e primeiras edicións das novelas máis relevantes do autor, así como unha selección de obxectos persoais que permiten explorar o universo psicolóxico do novelista. O percorrido complétase con curiosidades, como fragmentos de películas nas que traballo ou as súas numerosas coleccións.
A exposición poderá visitarse de forma gratuíta ata o 19 de febreiro e contará cun programa de visitas guiadas.