fbpx
Debuxo da cabeza castrexa atopada en San Cibrao de Las / pacc.es

Como é a cabeza castrexa de San Cibrao de Las?

Tempo de lectura: 2 min.
Cabeza castrexa de San Cibrao de Las

Cabeza castrexa de San Cibrao de Las

Miguel Ángel López, director de restauración do equipo de escavadores de San Cibrao de Las rematou xa os debuxos dunha escultura antropomorfa en granito e unha decoración en tríscele (hexásceles), recentemente exhumados, ambos os dous para encastrar no muro como elemento decorativo ou simbólico.

Na fotografía, e tal e como explica o propio equipo da escavación no seu blogue de campaña, vese o debuxo da planta, alzado e perfil da cabeza, unha figura masculina basta, sen trazos definidos agás unhas pequenas incisións que poderían ser pelo ou a decoración do casco ou tocado.

“É unha escultura moi basta e pola técnica construtiva situámola no século II antes de Cristo, porque as figuras da época romana teñen unha técnica máis depurada”, indicaba hai uns días o propio Miguel Ángel López tras a súa decuberta.

Prendedor atopado nas escavacións de San Cibrao de Las / pacc.es

Prendedor atopado nas escavacións de San Cibrao de Las / pacc.es

Este tipo de esculturas están rodeadas de polémica porque algúns autores cren que non son castrexas. Calo Lourido suliña que das 23 pezas que el denomina “Cabezas humanas” so dúas foron encontradas nunha escavación arqueolóxica. Sen embargo, no espazo dun ano atopáronse en Galicia dúas destas cabezas en contextos claramente castrexos; primeiro no castro de Santa Tegra e, agora, no de San Cibrao de Las.

Ademais, nas escavacións do castro ourensá están deparando novos achádegos, como unha cadea en broce ou un acus crinalis ou prendedor do pelo tamén en bronce.

Pode que che interese...