fbpx
Descrición do Reino de Galizia de Hernando de Ojea (1603) / Duvi

O reino medieval de Galicia, nunha superproducción de Hollywood

Tempo de lectura: < 1 min.

“A historia do portugués tivo a súa orixe no Reino de Galicia“, dille unha profesora universitaria de lingüística ao seus alumnos. Esta é unha das escenas do filme Arrival, unha macro-produción cinematográfica norteamericana de ciencia-ficción que se estreou mundialmente en setembro pasado.

A profesora é a protagonista do filme, a actriz Amy Adams, que se refíre dese xeito ao reino medieval de Galicia como a orixe da lingua portuguesa na Idade Media, xusto no momento inicial no que o filme muda de ritmo e escenario.

 

Arrival, en cartel neste momento tanto en Galicia como en Portugal ten un orzamento de 47 millóns de dólares e está considerada pola crítica un dos mellores filmes do ano e unha firme demandante aos Oscar. A súa puntuación no IMDB é de máis de 8 puntos sobre 10 e o seu trailer tivo máis de 13 millóns de visitas a primeira semana.

Está dirixida por Denis Villeneuve e escrita por Eric Heisserer. Con Amy Adams e Jeremy Renner nos papeis protagónicos, está baseada no premiado relato Story of Your Life de Ted Chiang. Narra a historia dunha experta lingüista que é recrutada polos militares cando uns extraterrestres aterran na terra para determinar se entran en paz ou son unha ameaza. A medida que aprende a comunicarse cos alieníxenas, ela comeza a experimentar retrocesos vivos que se converten na clave para desbloquear o maior misterio sobre o verdadeiro propósito da súa visita.

Fonte: 

nacional.gal

Pode que che interese...