fbpx
Monte do Castro, en Ribadumia, / Deputación de Pontevedra

Por fin 18 castros de Pontevedra poderán ser escavados

Tempo de lectura: < 1 min.

A Deputación e o Ministerio de Fomento alcanzaron en Madrid, tras meses de desacordos, un preacordo que permitirá o total desenvolvemento do programa de posta en valor de 18 castros da provincia. Desbloquease deste xeito unha situación que ameazaba co abandono de moitos destes sitios arqueolóxicos.
Deste xeito, as dúas institucións asinarán un novo convenio en xaneiro de 2017 no que se delimitarán as funcións de Deputación e de Fomento, e fixará prazos, financiamento e calendario. Así, continuarán as labores de escavación, limpeza, conservación, sinalización, accesos, musealización e difusión destes bens.

Por outra banda, a institución provincial aprobou axudas para a sinalización do patrimonio histórico e cultura dos concellos de menos de 50.000 habitantes. A través destas axudas, a Deputación fará un investimento de 155.770 euros que destina a un total de corenta concellos que as solicitaron.

Paneis informativos

A liña de axudas contempla a instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural, os conxuntos urbanos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os sitios naturais, xardíns e parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico ou antropolóxico, artístico e etnográfico.

Na comarca de Caldas presentaron solicitudes Pontecesures, Valga, Catoira, Cuntis,Caldas e Portas por un total de 13.546 euros; e na de O Morrazo, as poboacións de Marín, Bueu, Moaña e Caldas que suman 17.486 euros. Na comarca de Pontevedra corresponden a Vilaboa, Ponte Caldelas, Cotobade, Barro e Campo Lameiro, cun investimento de 12.068 euros; mentres no Salnés, a Meis e O Grove.

Pode que che interese...