fbpx
Fidel e Raúl Castro

Que teñen en común Fidel Castro, Prisciliano, Xelmírez, Colón e Bolívar?

Tempo de lectura: 2 min.

É ou non é Cristóbal Colón galego? Quen foi Prisciliano? Por que Compostela se converteu no centro das peregrinacións? Como o logrou o bispo Xelmírez? Cal é a relación do liberador americano Simón Bolívar con Galicia? Séntese Fidel Castro galego?. Estas e outras contestacións pódense atopar no libro: Galegos universais.

Portada do libro Galegos Universais

Portada do libro Galegos Universais

Precisamente, Fidel Castro, Prisciliano, Xelmírez, Cristóbal Colón e Simón Bolívar son os protagonistas desta obra de Hércules Ediciones que pretende sacar á luz episodios e personaxes da Historia Universal e demostrar o seu decisivo vencellamento con Galicia. “Non son só cinco biografías, senón cinco relatos da importancia que os galegos tiveron no mundo nos últimos 2.000 anos”, afirma o editor Francisco Rodríguez Iglesias.

O coordinador do volume, o xornalista e escritor Afonso Eiré, afirma que sen a contribución das cinco persoas escollidas: “non se entende o mundo no seu tempo, pero tampouco o mundo de hoxe. Son personaxes universais, pero, tamén galegos, moitos non coñecerán sequera a súa relación con Galicia. Outros descoñecerán a súa biografía”.

Os autores destas primeiras cinco biografías que aparecen neste volume que vén de saír do prelo son cinco coñecidos historiadores e investigadores: Victorino Pérez, desvela a historia de Prisciliano. Manuel A. Castiñeiras, relátanos o papel de Xelmírez na Europa do seu tempo. Eduardo Esteban e Aquilino Fariñas aportan os documentos que demostran que Cristóbal Colón era galego. Xurxo Martínez fálanos da galeguidade de Simón Bolívar e Afonso Eiré entra a fondo nas relacións e sentimentos de Fidel Castro coa terra do seu pai.

Pode que che interese...