fbpx
Castro do Salto, en Cabanas, afectado por un eucaliptal / Elixio Vieites

A xente comeza a denunciar: Dous castros ameazados en Cabanas

Tempo de lectura: < 1 min.

Dous castros están en serio perigo de ser desfeitos en Cabanas, na Coruña. Así o denuncia un particular que se puxo en contacto con Historia de Galicia tras o chamamento que este portal fixo para que se denuncien as situacións de danos ou abandono que sofre o noso patrimonio.

Así, na mensaxe remitida a HdG denunciase que o un castro que se atopa na parroquia de Reguela e está afectado por plantacións e por unha liña de alta tensión que a cruza polo sw. As súas coordenadas son: 43°26’38.5″N 8°06’32.6″W e 43.444030, -8.109050

Castro de Barbeira, afectado por actividades agrarias

Castro de Barbeira, afectado por actividades agrarias

O outro é o Castro do Salto e está en Irís, afectado por unha recente plantación de eucaliptos na croa exterior sen que ningunha administración velase por conservalo malia a ter a máxima protección desde o ano 1972 pola declaración da comarca eumesa como paisaxe pintoresca e conxunto histórico artístico e coas normas
subsidiarias municipais do Concello de Cabanas. As súas coordenadas son: 43°25’59.7″N 8°08’38.7″W e 43.433262, -8.144080

Por outra banda, Francisco Iglesias Agra informou, tamén a través de FB, que a desfeita dun dos castros que publicamos neste portal, o de Barbeira, en Santa Comba, foi provocada ola concentración parcelaria en 1986. “Fui denunciado em Patrimonio antes de que o derrubar e nom fizerom nada”, critica.

A xente que queira denunciar a situación do patrimonio pode remitir un correo a redaccion@historiadegalicia.gal .

Pode que che interese...