fbpx
Labirinto de Mogor / Telearqueoloxía

Cal é a mellor curtametraxe arqueolóxica de Pontevedra?

Tempo de lectura: < 1 min.

Telearqueoloxía”. Ese é nome do primeiro festival deste xénero sobre o patrimonio da provincia de Pontevedra que impulsa a deputación provincial. Nel, o público pode ser decisivo co seu voto que poderá exercer ate o 15 de decembro. As votacións realizaranse a través da web do proxecto ‘telearqueoloxia.museo.depo.es’.

Tanto o fallo do xurado como o resultado das votacións do público faranse públicos o 16 de decembro. ‘Telearqueoloxía’, contempla premios nas dúas categorías, adultos e menores de idade, que suman un total de 10.000 euros. Así, o primeiro premio da ‘Categoría Bifaces’ -para maiores de 18 anos- supón unha dotación de 3.000 euros, o segundo 2.000 e o premio do público 1.500 euros. Na ‘Categoría Lascas’ -entre 12 e 18 anos-, o primeiro premio está dotado con 1.500 euros, o segundo con 1.250 e o premio do público con 750 euros.

Na categoría ‘Lascas’ presentáronse 30 curtos, sobre todo procedentes de alumnos de institutos de toda a provincia, que abordaron temáticas como a cultura castrexa, os petróglifos, a cultura viquinga, a cultura romana, a espada de Brandomés, o traballo das excavacións e tamén os diferentes instrumentos musicais do Neolítico.

Na categoría ‘Bifaces’ o número de curtas presentadas foi de 26,  sendo participantes entidades como o CIFP Carlos Oroza (con seis traballos), a Escola de Audiovisuais de Vigo e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), a asociación da Costa dos Castros, o Instituto de Estudos Miñoranos, así como persoas individuais e produtoras. A temática a abordar nestes casos centrouse sobre todo no significado da arqueoloxía para as persoas e os pobos, pero tamén houbo curtos relacionados coas torres de defensa na Idade Media, o dolmen, os castros, petróglifos, ou os ‘Equs ferus atlanticus’, cabalos primitivos dos montes de Galicia.

Pode que che interese...