Indignación e mobilización pola destrución dunha fonte barroca no centro de Lugo
Unhas das fontes máis emblemáticas de Lugo, da da Praza do Campo, apareceu este sábado con graves danos. Un acto vandálico que tivo lugar durante a madrugada acabou coa figura que preside a fonte rota en anacos.

Concentración na Praza do Campo de Lugo, diante da fonte barroca que foi destrozada nun acto vandálico
A fonte da Praza do Campo é de estilo barroco e ten unha figura de San Vicente Ferrer en actitude predicadora na súa cima. A súa autoría se lle atribuje a Frei Manuel dos Mártires e mandouna construír o Bispo Izquierdo en 1754.
As redes sociais ferveron ao longo desta fin de semana. Un grupo de veciños propuxo realizar unha concentración diante do monumento para expresar o seu “rexeitamento ao vandalismo contra o patrimonio da cidade”. Esa concentración xuntou a preto de 30 persoas diante da fonte este domingo á noite que protestaron contra o maltrato ao patrimonio.