fbpx
O eclesiástico e erudito Benito Jerónimo Feijoo

O Pai Feijóo tamén cría nos extraterrestres

Tempo de lectura: < 1 min.

Feijoo era un home dunha mentalidade moi aberta e estaba convencido de que, como posibilidade, non había ningún problema de que houbese vida extraterrestre”. Así o cre o investigador francés Frederic Prot, que acaba de publicar un libro sobre as ideas do Padre Feijoo en relación á posible vida extraterrestre. A súa investigación está incluída nun volume de estudios humanísticos e científicos que foi presentado este luns en Oviedo.

O novo volume sobre Benito Jerónimo Feijoo (1676-1764) foi publicado polo Instituto Feijoo de Estudios do Siglo XVIII da Universidade de Oviedo no marco do aniversario da morte do escritor. O obxectivo do a obra é analizar tanto as propostas, actitudes e asuntos que conforman os tres centenares de ensaios do seu ‘Teatro crítico universal’ e as ‘Cartas eruditas e curiosas’, como o seu perfil humano e intelectual ou as súas relacións co poder eclesiástico.

Con este obxectivo de congregaron 36 especialistas procedentes de seis países (España, Portugal, Francia, Reino Unido, Alemaña e México) e de 26 institucións académicas diferentes. O volume divídese en seis bloques temáticos: ‘Saber, ciencia e filosofía’, ‘Ética, política e sociedade’, ‘Filoloxía, historia e pedagoxía’, ‘Feijoo no seu tempo’, ‘O universo humano de Feijoo” e ‘A mirada posterior.

Entre as propostas analíticas máis novidosas, ademais desas ideas acerca da posible vida extraterrestre, aparecen cuestións como o amor, a alimentación, a alquimia paracelsística e as súas relacións persoais ou cos axentes do poder.

Pode que che interese...