fbpx
Pezas do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense / xunta.gal

Piden a redifinición do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Tempo de lectura: < 1 min.

Ourense en Común reclamou no pleno municipal desta cidade que se redefina o proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense proposto polo Comité de Cooperación Deputación – Concello de Ourense, pechado desde hai máis dunha década.

O grupo instou ao goberno municipal a convocar a todos os grupos políticos da corporación, con presenza de técnicos municipais, para redefinir a proposta museográfica presentada aos medios de comunicación polo denominado Comité de Cooperación Deputación – Concello de Ourense.

Esixiu, ademais, un investimento digno nos Orzamentos de 2017 da Administración Xeral do Estado para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que permita iniciar as obras de rehabilitación e a apertura de portas deste espazo que suma xa máis de 15 anos pechado.

Pode que che interese...