fbpx
Castelo de Monterrei / paradores.es

A construción dun hotel no castelo de Monterrei podería ser paralizada

Tempo de lectura: < 1 min.

O recente fallo do Tribunal Supremo que anula a PXOM de Monterrei aprobado pola Xunta en febreiro do 2014 supón un duro golpe para o futuro urbanístico do municipio e podería anular a intención do Goberno galego de facer do castelo de Monterrei un parado de turismo

Sobre este punto hai opinións diferentes. Desde o concello cren que a licenza outorgada para construír o parador -anulada polo TSXG e pendente de recurso- decaerá cando a PXOM deixe de ter forza legal. Por iso cren que a Xunta debería solicitar unha nova. Tamén os letrados dos veciños recorrentes din que a Xunta debe pedir outro permiso, pero Turismo nega o problema e cre que a decisión xudicial non afecta o hotel.

Tamén a Plataforma en Defensa do Castelo valora que non existe xa licencia de obra para o establecemento e non descarta novas medidas xudiciais. Veciños de Monterrei critica que se hipoteca urbanisticamente o futuro do concello pola “deixazón” do alcalde.

Obras na torre da homenaxe

Por outra banda, a Dirección Xeral de Patrimonio acometerá unha actuación de emerxencia para evitar as filtracións de auga na estrutura da torre da homenaxe da fortaleza de Monterrei. A construción da torre data do século XV. É tamén é coñecida como a ‘Torre de Don Sancho’ e foi levantada polo primeiro conde de Monterrei na época dos Reis Católicos.

A comisión de goberno de Monterrei xa outorgou a licenza dunhas obras que terán un custo de 37.000 euros e que incluirán unha cata arqueolóxica informativa na contorna desa torre.

Fonte: La Voz de Galicia

 

Pode que che interese...