A historia de Lugo, España e do mundo a través das moedas
Unha boa mostra da nunismática do Estado pódese ver en Cacabelos. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o alcalde deste concello do Bierzo, Sergio Álvarez de Arriba, inauguraron este martes a exposición Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo que tivo lugar no Museo Arqueolóxico de Cacabelos, que se poderá visitar ata o 5 de marzo.
Mediante este proxecto preténdese facer un percorrido pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo dividíndoa en dous grandes bloques: dunha banda, a moeda hispánica (dende o século I a.C. ata o s. XV e logo as moedas das Idades Moderna e Contemporánea) e, doutra, a moeda estranxeira.
O monetario do Museo de Lugo supera as 8.000 pezas, sen contar as 459 medallas. E dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, con estas exposicións temporais a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento xeral da ciencia numismática.
A mostra forma parte do proxecto de investigación desenvolto polo persoal técnico do Museo Provincial de Lugo, destinado a por en valor os fondos cos que conta esta institución museística.