As inmobiliarias venden parte dun dos grandes mosteiros de Galicia
“Singular vivienda en venta ubicada en el monasterio cisterciense de Santa María de Montederramo, (monumento nacional desde 1951), que tras la desamortización de Mendizábal fue vendido a particulares, y pertenece a los propietarios actuales desde hace 3 generaciones. Consta de 3 partes, diferenciadas e independientes”. Así comeza o portal inmobiliario idealista.com a descripción dun dos BIC máis importantes da provincia de Ourense que está á venda.
240.000 euros por 400 metros cuadrados. Iso é o que pide este portal inmobiliario pola venda dunha vivenda, un baixo industrial e un almacén que se ubican nese mosteiro, onde hai outras vivendas e baixos comerciais. Non é o único, en habitalia.com baixan o prezo case un terzo, ata os 150.000 euros. E todo, nun dos grandes mosteiros galegos cunha igrexa, cuxa fachada, é un dos principais exemplos do estilo herreriano en Galicia. Santa María de Montederramo, beneditino e logo da orde do Císter, foi posiblemente fundado no século X e chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social ata a desamortización.
Precisamente, foi a desamortización o que provocou a súa división actual e que a maior parte do cenobio pasara a mans privadas, veciños do pobo. Pero unha desas partes está á venda. Trátase dun baixo industrial, unha vivenda e un almacén. O baixo adicouse a panadaría, hoxe pechada, e que en vida dos monxes era a botica monacal. Dispón duns 150 m2 e a estrutura dos seus muros de pedra e a bóveda de crucería son orixinais, aínda que actualmente atópase parcialmente tapada con escaiola. A este local accédese desde o coñecido como claustro dos medallóns, de estilo renacentista, mediante 2 portas de madeira e dispón de 2 xanelas ao exterior.
A vivenda, que ocupa todo a á sur do citado claustro e esténdese até a fachada principal que dá á praza do mosteiro, posúe 200 m2. Ten entrada pola praza e a través do claustro, por unha fermosa escalinata de pedra. Por dentro están as distintas habitacións, cociña, baños, salóns e dormitorios, nos que actualmente non se reside.

Claustro dos medallóns, no mosteiro de Montederramo, cuxa parte superior e inferior están á venda / wikipedia
Entre a praza e o claustro existe un arco de acceso no cal se atopa tamén un pequeno almacén, sen xanelas, duns 30 m2, onde se sitúa o depósito de gasóleo para a calefacción da vivenda. “Evidentemente es un bien de interés cultural y Patrimonio tiene derecho de tanteo y retracto ante su venta”, avisa o portal inmobiliario na descripción do mosteiro.
Hospedería e restaurante
Con todo aconsella xa posibles utilidades. “Al tratarse de un zona de gran potencial turístico, su destino ideal sería una hospedería, con establecimiento de restauración abajo y dependencias arriba, una vez realizadas las reformas pertinentes”, indica.
Precisamente, nunha das dependencias do mosteiro existe xa un restaurante propiedade da muller do alcalde, o popular Antonio Rodríguez, e noutra, outra vivenda habitada. Ademais, no mosteiro existíu tamén unha escola e as dependencias do cura párroco da localidade. E é que a metade do mosteiro pertence á Xunta e a outra metade, a seis familias do concello.
A parte que está á venda é dunha destas familias cuxos antepasados mercaron a propiedade xusto despois da desamortización. Viviron nela ata o 2010, cando decidiron poñela á venda. Antes puxéronse en contacto coa Xunta de Manuel Fraga para tentar vendelo, pero non se chegou a un acordo. Por iso decidiron acudir a portais inmobiliarios especializados, aínda que, polo momento, non houbo comprador.
Pola súa consideración de Ben de Interese Cultural, o mosteiro está sometido a un réxime especial de protección. O Concello impulsa un Plan Director para relanzar o cenobio, aínda que limitarase a actuar nas partes máis ruinosas, á espera de axudas ou de intervencións doutras administracións.
O mosteiro

Fachada da igrexa do mosteiro de Montederramo / wikipedia
O mosteiro de Montederramo foi fundado no século X nun lugar distinto ao que ocupa na actualidade, no lugar de Seoane Vello, pese a que deste feito non existen probas documentais. Pola contra, si existen noticias do seu funcionamento ata mediados do século XII, e noméase como mosteiro de San Xoán de Seoane Vello, ou simplemente San Xoán Vello, e como pertencente á orde beneditina.
Segundo consta nun documento asinado en Allariz de 27 de agosto de 1124 foi refundado por Tareixa de Portugal. Neste documento rexistrase por vez primeira a denominación Rivoira Sacrata.
No ano 1153 pasa á orde do Císter e procedese á construción dun novo mosteiro que xa denominarían como de Santa María de Montederramo. Durante o século XII téñense documentadas numerosas doazóns reais. No ano 1163 o abade don Sancho recibiu unha bula do papa Alexandre III no que acolle ao mosteiro baixo a súa protección e amparo. A partir de entón as pugnas co bispo de Ourense van ser frecuentes.
No ano 1415 o papa Bieito XIII expediu unha bula reducindo a priorato o mosteiro de Xunqueira de Espadañedo, filial do de Montederramo, e a finais do século XV o mosteiro fixo a súa última grande adquisición o mosteiro de Santa María de Castro de Rei.
O mosteiro tamén foi centro de ensino. No ano 1582 estableceuse no mosteiro un Colexio de Artes e Filosofía, converténdose na Casa Central de Estudios da Orde Cisterciense.
Fontes:propia, wikipedia, Faro de Vigo