fbpx
Mámoa danada por unha plantación de eucaliptos en Valdoviño / Xabier Moure

Nova agresión a unha mámoa en Valdoviño

Tempo de lectura: < 1 min.

Sinalizan unha mámoa tras ser danada por unha plantación de eucaliptos en Valdoviño / Xabier Moure

Un novo monumento megalitico situado en Riobó, na parroquia de Meirás (Valdoviño), no límite con O Val (Narón), acaba de sufrir unha nova agresión.

A mámoa, situada en medio dunha plantación de eucaliptos foi danada tras a tala das árbores e unha nova plantación da mesma especie foránea. De feito, e tal e como informa Xabier Moure, o monumento foi seriamente danado ao empregar maquinaria pesada tanto na tala como na nova plantación.

“Para deixar constancia da súa desfeita, colocaron unha bandeira no cráter de violación“, ironiza Moure no seu blogue. Este divulgador presentou este luns a correspondente denuncia ante o Concello de Valdoviño e o Servizo de Patrimonio Cultural na Coruña.

Pode que che interese...