O Medievo galego recreado en acrílicos
O pintor ferrolán, afincado na Coruña, Pedro Castro, recrea o medievo nas súas composicións pictóricas. Precisamente, Medievo é o título da exposición de 25 acrílicos que ten en Portas Artabras, na rúa Sinagoga, da Coruña.
Estes cadros son recreacións das Cantigas de Santa Maria, O Lapidario, Os Xogos(Alfonso X), o Codice Calixtino, a tumba de Andrade ou diferente mitoloxía galega. Ademais, este venres 13, haberá un recital ás 20.00 horas do Barítono Antón de Santiago, a Soprano Victoria Alvarez, acompañados por guitarra clásica e percusión. A presentación correrá a cargo de Andre Pena Graña.